xoves, 26 de maio de 2016

A estación metereolóxica do Sarmiento

Como de seguro xa saberedes, esto do tempo é algo moi importante a ter en conta á hora de cultivar un horto, así que aquí vos deixamos este enlace para que coñezades a nosa estación metereolóxica. Parabéns á profe Marián Suárez e ao seu equipo por tan bo traballo. Convidámosvos a visitar o seu blog: 

                                                           Debuxo: Noelia Bugallo (3º ESO)

mércores, 27 de xaneiro de 2016

Fermosa historia



Aquí deixamos un conto para a reflexión que nos fixo chegar un bo amigo para colaborar con este blog.

venres, 27 de novembro de 2015

Froitos de outono

É importante coñecer e aproveitar os produtos de temporada xa que, sobre todo no caso de froitas e verduras, permítenos consumilas no seu mellor momento tanto a nivel de achega de nutrientes coma polo seu aroma. 

O alumnado e profesorado do CS de Dietética bótannos unha man con esta presentación:


Tamén podedes consultar as propiedades doutras froitas e verduras na pestana "Alimentación Saudable" deste mesmo blog.

Estamos de volta!

Aquí nos tedes, preparando a nosa pequena horta para as verduras de inverno, estamos plantando leituga riza, col, acelgas e repolos, a ver se temos boa colleita...porque hai algún paxariño ao que tamén lle gustan as nosas leitugas...imos ter que colocar un espantallo...


 



luns, 1 de xuño de 2015

Marmelada e salsas!




Mirade qué xeitosiñas nos quedaron as nosas amorodeiras e tomateiras, xa veredes qué salsas e marmeladas van  saír de aí cando comecen a dar froito...Mmmmmm!

A pleno rendemento

Aí vai unha mostra do noso traballo ao longo destes meses...


                                                                                                                     ...moito traballamos ¿non si?

O xermolo desta aventura




Os profesores José Luis García Chan e Cristina González Pérez, aos que podemos ver nas fotos de máis abaixo en plena acción, foron os primeiros en crer neste proxecto e en poñelo en marcha xunto cun grupo de alumnos e alumnas de primeiro de ESO, aos que logo se foron engadindo outros profes así como alumnado doutros grupos.











Seica puido influír neles o espírito do Padre Sarmiento e o seu interese pola botánica e as ciencias naturais, e que da nome ao noso instituto?


venres, 29 de maio de 2015

Por que é de utilidade unha horta escolar?





 Entre outras cousas contribúe a:

- Axudarnos a recoñecer os alimentos saudables.
- Mellorar os nosos hábitos alimentarios.
Nisto tivemos unha especial axuda do Departamento de Sanidade do noso centro, concretamente do alumnado e profesorado do C.S. de Dietética.
- Aprender a cultivar os nosos propios alimentos.
-Ao desenvolvemento do espírito de cooperación entre os participantes.

E moitas outras cousas que iremos contándovos máis adiante...

Que é unha horta escolar?







É un lugar onde se cultivan hortalizas, plantas medicinais, herbas comestibles e ornamentais.

Está ubicado dentro do recinto escolar, e involucra á comunidade educativa na súa posta en marcha e mantemento.

Ademais, é un recurso e un medio para que os docentes orienten mediante o proceso de ensino-aprendizaxe ós estudantes en todo o relacionado co desenvolvemento e manexo de cultivos saudables, con fin alimenticio, educativo e recreativo.



Benvid@s!

Benvid@s ao caderno de bitácora da horta escolar do IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra, neste espazo virtual queremos compartir convosco a nosa andaina como horticultores noveles, e para comezar presentámosvos con esta fotografía aérea a nosa hortiña.Esperamos que vos guste tanto coma nós.